Saturday 04 de May de 2024

A Asociación Acougo dará unha charla sobre acollemento familiar este venres en Boqueixón


O Concello de Boqueixón e a asociación Acougo (Asociación Galega de Familias de Acollida) organizan unha charla informativa que terá lugar este venres 19 de novembro, ás 19:00 horas, no local sociocultural de Sergude. A sesión, denominada “Contigo florece, xerando cultura de acollemento”, ten como obxectivo dar formación e difusión sobre o sistema de protección a menores e, concretamente, das familias de acollida.

O coloquio estará aberto á participación de toda a cidadanía en xeral, á que se lles achegará a realidade das nenas, nenos e adolescentes en situación de desprotección. Así mesmo, darase a coñecer a todas as persoas presentes como funciona o acollemento familiar.

Durante o desenvolvemento da sesión seguiranse as medidas preventivas contra a Covid-19, polo que será preciso anotarse previamente a través do teléfono da asociación (622 672 188), enviando un mail a info@acougo,gal ou enchendo este formulario de inscrición: https://tinyurl.com/3wz92tjt.